Falando do móbil de Diana Quer na Galega

Se me preguntan por que me poderían chamar hoxe para falar de tecnoloxía na Galega diría que dos produtos que onte presentou Microsoft ou das novidades que amosou hoxe...

Se me preguntan por que me poderían chamar hoxe para falar de tecnoloxía na Galega diría que dos produtos que onte presentou Microsoft ou das novidades que amosou hoxe Apple, pero a actualidade informativa local está moi afastada dos EE.UU., e resulta que dende o programa Área Pública da TVG pedíronme comentar detalles sobre un tema do que recoñezo que paso bastante: o caso Diana Quer.

Cando menos agora moita xente saberá que o seu smartphone, en condicións normais, almacena un completo rexistro da súa posición GPS.

Cronoloxía do GPS

Velaquí tedes un exemplo de como a aplicación de mapas do meu teléfono rexistrou como onte fun ao Forum Metropolitano (a unha mesa cadrada do FKM 2016) pola mañá e a Coruña Bloggers pola noite, quedando rexistrado incluso onde deixei o coche e os tramos que percorrín andando.

Parece que estamos moi vixiados, pero ese tipo de información pode resultar de grande utilidade para nós por se, por exemplo, esquecemos onde deixamos aparcado o noso vehículo, ou incluso para beneficiarnos da predición dos nosos desprazamentos (de xeito que o móbil chega a avisarnos cando temos que saír da casa se non queremos chegar tarde a unha cita).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS