Lembrando RetroCoruña 2013

Fun adiando pouco a pouco o meu repaso da última edición de RetroCoruña, e despois de ter a honra de coñecer en persoa a Víctor Ruíz (Dinamic) e Fernando...

impresionante colección de ordendaores clásicos

Fun adiando pouco a pouco o meu repaso da última edición de RetroCoruña, e despois de ter a honra de coñecer en persoa a Víctor Ruíz (Dinamic) e Fernando Rada (Zigurat) xa non podía deixar para máis adiante esta cita anual no Pavillón Municipal de Sada, que na súa última edición foi un auténtico luxo, non só pola impresionante colección de ordenadores clásicos presentes, senón tamén pola presenza de José Ramón Suárez, un dos creadores do xogo Underground que compartiu a súa experiencia no desenvolvemento de videoxogos cos presentes e incluso estivo a fozar un anaquiño antes do seu relatorio cun Robotron KC 87.

No pavillón podiamos comprobar o funcionamento de numerosas plataformas de xogo clásicas, que ían dende gráficos vectoriais monocromáticos controlados mediante un stick de tamaño ridículo ata os sistemas que mediante a emulación e a artesanía conseguen recrear a experiencia de botar unha partida coa recreativa de Out Run.


Grande contraste ao ver que mentres unha persoa xogaba co Danko: Calor Rojo, outro pretendía rematar dun tirón La Abadía del Crimen (¡flipante!).

Grande contraste ao ver que mentres unha persoa xogaba co Danko: Calor Rojo, outro pretendía rematar dun tirón La Abadía del Crimen (¡flipante!).

E pese a que estabamos a celebrar os 30 anos do MSX, un ano máis o Spectrum foi o rei, con moita presenza de hardware e software dunha das miñas máquinas favoritas. Incluso había unha versión do Spectrum que integraba un sistema de cintas para empregalas na aprendizaxe de idiomas.

O ZX Spectrum +2 foi o ordenador de 8 bits máis vendido en España no seu tempo

O ZX Spectrum +2 foi o ordenador de 8 bits máis vendido en España no seu tempo


Aparte das exposicións, en RetroCoruña tamén se venden produtos, entre os que destacaría a presenza de tablets con Android que grazas á emulación podían funcionar tanto como consolas portátiles como máquinas recreativas en miniatura.

Aínda que postos a frikear, a mercadotecnia, tanto importada como artesanal (Hama Beads, babeiros, chapas…), continúa a ter moita presenza, con moita curiosidade á venda á que era moi difícil resistirse. Jimmy picou cunha mini-handheld.

Jimmy mercando unha handheld de peto

Jimmy mercando unha handheld de peto


E moitas outras cousas máis podían verse no imprescindible encontro sadense (como ver o xogo Donkey Konga en acción) como intentei resumir no seguinte vídeo (gravado co móbil):

Para ver máis imaxes do encontro, publiquei unha completa galería fotográfica en Facebook.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...