¿É de verdade o vídeo do Gran Wyoming?

Nas últimas horas está a arrasar na Rede un vídeo gravado cun móbil no que se ve ao Gran Wyoming abroncando a unha bolseira: As reaccións sobre o vídeo...

Nas últimas horas está a arrasar na Rede un vídeo gravado cun móbil no que se ve ao Gran Wyoming abroncando a unha bolseira:

As reaccións sobre o vídeo son moi diverdas, pois hai quen comenta que o presentador humillou psicoloxicamente a unha bolseira e outros apuntan a que os de La Sexta teríanlle colado unha coña aos do programa Más se perdió en Cuba de Intereconomía TV (lembremos que esta canle xa tivo unha ridícula bronca con CQC e Sé lo que hicisteis). A min paréceme máis probable a segunda opción, aínda que tampouco me sorprendería que Wyoming perdese os papeis estando de malas. Vaia, que se a bronca fose de verdade tería toda a razón do mundo (o que non xustifica o berrinche). De feito, eu admito que en certos sectores, contra ao que pode parecer, os bolseiros son unha carga pero, ¡dalgún xeito teñen que formarse os profesionais do futuro!

O que non me parece normal é que se cubran certos postos de traballo con bolseiros porque saen baratos, xa que pode conseguirse xusto o efecto contrario do que se busca, especialmente con cadros de persoal reducidos, nos que cada persoa conta, e moito. Non se pode esixir o mesmo a un novato que a un profesional experimentado, e tamén hai que considerar as broncas como algo construtivo, aínda que para iso o normal e tomar consideracións coma botalas en privado e non á vista de todos os compañeiros.
Hoxe en día durante toda a formación da xente (dende o ensino primario ata o universitario) déixanse de lado elementos moi importantes na creación da personalidade, o que vulgarmente coñecemos como boa educación, e hai quen, estea ao nivel que estea, é desagradable cos subordinados (sexa un empregado ou un camareiro).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...