A televisión, cada vez máis tecnolóxica

A xente de decidiu coller unha chea de cabeceiras de series de televisión e transformalas dun xeito xenial para que a súa temática sexa tecnolóxica, de xeito que os...

A xente de decidiu coller unha chea de cabeceiras de series de televisión e transformalas dun xeito xenial para que a súa temática sexa tecnolóxica, de xeito que os Simpson, Breaking Bad, Cómo conocí a vuestra madre, Mad Men, Boardwalk Empire, Dexter, Perdidos, Friends, Frasier, House e Modern Family serven para achegarse á telefonía móbil, ás redes sociais e ao mundo da informática dun xeito tan orixinal como divertido:

O vídeo lémbrame a certos detalles que continuamos a ver en series de televisión en películas que, pese a estar ambientados na actualidade, resultan pouco realistas pola ausencia de tecnoloxía. ¿Cantas veces vemos que tras un accidente a xente comeza a berrar pedindo axuda en vez de chamar polo móbil ao 112? E xa non falemos de usar o WhatsApp para quedar cos amigos ou tirar fotografías co móbil. ¿Tan difícil resulta que a ficción imite os comportamentos humanos reais? ¿Ou simplemente pensan que a tecnoloxía podería estragar as tramas ao atallalas?

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS