Habemus canción do verán

Levamos uns anos nos que é practicamente imposible dicir cal é a canción do verán, e así, na reportaxe que podiamos ler a pasada fin de semana en La...

Paco Lodeiro - Calixto
Levamos uns anos nos que é practicamente imposible dicir cal é a canción do verán, e así, na reportaxe que podiamos ler a pasada fin de semana en La Voz de Galicia dicían que o máis parecido que tiñamos este ano era o Ai se eu te pego de Michel Teló (cando esa versión do tema leva un ano petando duro en YouTube), pero finalmente en Galicia imos ter un ghit que vai rachar con todo, da man do cantante e presentador de televisión Paco Lodeiro, que co seu Calixto ao son do Pedro Navaja de Rubén Blades conta a historia do roubo do Códice Calixtino con moito humor:


Podedes descargar o tema en MP3 (por se queredes gardalo ou metelo no móbil) e anímovos a que, cando comece o concurso da Canción do Verán en RadioVoz (que ao final vai desenvolverse este ano a petición do propio Lodeiro) botedes por Lodeiro, pois a canción meréceo.
Tras arrasar o temazo nas radios autonómicas galegas, espero que tamén faga o propio entre pubs, baretos e orquestras de verán. Manuel Fernández, electricista. Da túa caixa saltaban chispas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS