Unha de música galega… ¡na galega!

Riki comenta no seu blog o fenómeno de A Polo Ghit, que é un certame organizado por Vieiros para atopar a canción do verán e que se está a...

Riki comenta no seu blog o fenómeno de A Polo Ghit, que é un certame organizado por Vieiros para atopar a canción do verán e que se está a levar a cabo coa colaboración entre a web máis emblemática de Galicia e a Compañía da Radio Televisión de Galicia, en concreto, nos programas Extrarradio (presentado pola simpática Belén Regueira) e Luar (presentado polo incombustible Gayoso).
Nun primeiro momento apareceron no Luar María Yáñez (directora de Vieiros), Belén Regueira e Xurxo Souto (director da Radio Galega) para presentar a súa iniciativa, concluíndo cunha interpretación moi marchosa de Banda Potenkim:
A pasada semana foi Markinhos Drinkin cunha das cancións máis graciosas do concurso musical quen apareceu no Luar:
A ver con qué nos sorprenden esta noite. Eu despido esta mensaxe cun tema que me sorprendeu, pois na Regueira publicaron un machuco (ou mash-up) da canción máis popular de Edilberto Alonso cun tema dos White Stripes, non o perdades:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS