Hoxe no programa de Isidoro Valerio en RadioVoz falamos algo de tecnoloxía:
Quixera instarvos a que comprovedes cómo o móbil Motorokr E8 é máis parecido a un iPod classic que un iPhone e, falando de móbiles multimedia, viu nin que pintado soltar o tema da canción do verán, que parece ter máis chicha.
Coido que o pasado verán houbo un consenso absoluto en que non había canción do verán, o que foi bastante abraiante despois de que en 2006 arrasasen Shakira, El Koala e e David Tavaré entre outros. Agora, o verán que entra coido que inicia cun favorito, Rodolfo Chikilicuatre, que aínda que estea retirado estou certo que continúa con moita forza, e non nos libraremos de bailar o Chiki Chiki nas festas do verán.
Estou bastante sorprendido polo éxito do Cobarde de David Bustamante (que parece ser o tema favorito entre a audiencia de RadioVoz):
Un dos temas que máis graza lle fai a Isidoro tamén é unha revisión que non agardaba, o Mai Sei For Yuti de Son Pasión (¿non vos resulta familiar?).
Sobra dicir que King Áfrika, Juanes ou David Tavaré van seguir con forza este verán, e que Amaral o vai ter difícil para situar un tema, porque tanto Kamizake como La Tormenta se repartirán o éxito.
Cómpre dicir que os grandes éxitos dos politonos durante os últimos meses coma Melocos, El Canto del Loco, El Arrebato, OneRepublic ou Duffy tamén teñen moitas papeletas para ser éxitos durante o verán, aínda que é unha mágoa que a canción de El Parga de El Baile del Tío Pío se fixese popular a primeiros de ano, porque doutro xeito tería posibilidades:
¿Qué cancións credes vós que van a arrasar este verán? ¿Algunha preferida? ¿Hai algún tema agochado que poida sorprender cun grande éxito? Ábrense as apostas.