Oso Panda aspira a converterse na canción do verán

Cando eu era cativo, os grupos musicais coma Parchís, Regaliz e Enrique y Ana eran moi habituais, pero agora sorprende ver iniciativas coma Papa Topo, dos que podemos saber...

Papa Topo
Cando eu era cativo, os grupos musicais coma Parchís, Regaliz e Enrique y Ana eran moi habituais, pero agora sorprende ver iniciativas coma Papa Topo, dos que podemos saber un pouquiño vendo a súa presentación en Canal 4 antes de interpretar Robot:

Pero o anterior tema non é en absoluto relevante se temos en conta Oso Panda, canción que incluso ten un grupo de Facebook que a proclama coma canción do verán e que xa conta con 229 membros:

Eu sinceramente prefiro o tema Lo que nos gusta del verano es poder tomar helado (que si tería potencial coma canción do verán), pero aínda non está rematado. A ver se en breve completan un CD coas cancións desta banda infantil, que agardo que sexa verídica e non unha tomadura de pelo en plan Amo a Laura.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS