Nas TIC galegas no obxectivo dunha eScéptika

Cando en marzo de 2011 tivo lugar un Eats & Twitts en A Coruña topei cunha fotógrafa chamada Illana que en Twitter respondía ao alcume de @casiesceptika (que sae...

Illana nunha fotografía publicada en http://www.flickr.com/photos/esceptika/3942067543/in/photosof-esceptika/Cando en marzo de 2011 tivo lugar un Eats & Twitts en A Coruña topei cunha fotógrafa chamada Illana que en Twitter respondía ao alcume de @casiesceptika (que sae en bastantes imaxes da galería en Flickr do evento) á que recoñezo que non era capaz de identificar sen unha cámara na man ou unha perruca rosa na cabeza. Cousas que pasan cando coñeces a alguén máis da Internet que no mundo real. Pero o máis rechamante de todo é que, nun lapso de tempo inferior a unha semana coincidín con ela en 2 ocasións, cargada desta volta cunha cámara de vídeo. O primeiro deses acontecementos foi a LaconNetwork do mes pasado:

E logo volvín coincidir con Illana no acto de anuncio da presentación ante ICANN da candidatura galega para un dominio de Internet (proceso que parece ir a bo ritmo, de xeito que poderiamos rematar o ano 2013 cun .gal operativo):

Agardo que este tipo de coincidencias se repitan no futuro, pois indicaría que a Illana vaille relativamente ben no ámbito laboral, que é algo que cada vez temos que ter en maior consideración. Polo pronto, grazas por gravar eses momentos tan representativos do sector TIC galego.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS