Somos unha potenzia en mar… iconadas

Os criterios da TVG cada día son máis abraiantes, pois hai dúas semanas, con máis de 100 lumes activos por toda a nosa xeografía, emitiron o programa Somos unha...

Os criterios da TVG cada día son máis abraiantes, pois hai dúas semanas, con máis de 100 lumes activos por toda a nosa xeografía, emitiron o programa Somos unha potenzia a unha hora horrenda, pero a pasada semana, sen aviso previo (na web da TVG constaba o programa de Carlos Blanco) suspenderon o programa para emitir unha redifusión dun especial sobre o lume que fixeran pola tarde cando xa se anunciara o fin da crise e incluso se contaba coa chegada da choiva. ¡¿Quén os entende?! Ou sexa, cando hai lumes por toda Galicia deixan a grella da programación como está, e cando remata a crise eliminan un programa sen aviso.
Agora ben, neste momento estase a notar o grande problema de que os programas de Somos unha potenzia están enlatados, porque Carlos Blanco apareceu nos especiais do lume e logo, no seu propio programa non se facía ningunha referencia ó lume e incluso sobraban os comentarios sobre a catástrofe do Prestige cando tivemos outra crise moito máis próxima. Este tipo de fallos son inevitables no formato de verán do programa, pero é unha mágoa que rebaixen a calidade dun espazo que mellora día a día.

Así, esta semana o programa volveu a prosperar con respecto a edicións anteriores. O primeiro bloque gañou en dinamismo, pois volveu a contar con máis dun convidado, e na patética sección dos espías houbo uns espías en potenzia que seguro que gustaron a moitos seguidores do programa Zapping, con referencias a Pía de Tolomei e incluso os comentarios agresivos dunha señora co pelo pintado a que a maioría da xente recoñece sempre pola voz (¿é preciso que diga quen é?):

Incluso as clases pasivas dende o sofá volveron a resultarme simpáticas. Supoño que será porque lles vou collendo o xeito, aínda que a min me parece que melloran as súas historias. Esta semana falaban da memoria en plan Memento:

Si ben o programa foi moi digno, non foi así o seu tratamento, pois para comezar estaba programado para unha hora que en realidade foi ocupada polo anuncio do programa, xa que meteron polo medio un informativo enteiro, ou sexa, que comezou bastante despois da 1 da madrugada, o que indica o desprezo dos responsables da TVG polas novas apostas televisivas. Aínda que para min o mellor indicativo deste desprezo foron os anuncios que emitiron durante o primeiro e o segundo bloque do programa:

Si, víchedes ben, só meteron 2 auto-promos da TVG, ¡porque non venderan o espazo de Somos unha potenzia! Para acabar de escarallar o asunto, incluso ó remate do programa foro do copyright directamente ó comezo do programa relixioso A Sentinela, ou sexa, que o programa non está a recibir ningún coidado por parte da Compañía que vaia máis aló da súa emisión.

Quitando o comentado, As Rumorosas tamén cumpriron coa Rede amosando un vídeo e cunhas imaxes do Prestige animadas por música. O asunto resultou un tanto anacrónico:

E o vídeo do Cola-Cao ardendo si que ten a súa coña, polos comentarios que se escoitan de fondo, que lle engaden moito realismo:

A sección de Dende o mundo para Galicia cun alcalde que pretendía que o baseball fose substituído pola billarda tamén tivo o seu aquel:

Pero, como sempre, o programa do pasado luns (¿ou debería dicir martes?) de Somos unha potenzia destacou polo seu monólogo final, pois nesta ocasión Carlos Blanco soltou toda unha parrafada chea de clásicos e comentarios moi atinados:

Unha mágoa que o programa desta semana se vise eclipsado pola merda de horario e o maltrato xeral da TVG a unha iniciativa tan prometedora.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS