O Doutor Who inspira novos chismes

Hai uns meses falei dos MoPods que vendían en Firebox.com, e agora lanzan unha versión dos simpáticos dispositivos que avisan cando te chega unha chamada ó móbil inspirándose na...

Dr. Who Phone FlashersHai uns meses falei dos MoPods que vendían en Firebox.com, e agora lanzan unha versión dos simpáticos dispositivos que avisan cando te chega unha chamada ó móbil inspirándose na serie do Doutor Who, polo que agora teño unha grande incógnita: ¿pillarei a cabina telefónica ou o dalek?
A decisión é complicada, porque o feito de que o Doutor viaxase polo tempo e o espazo nunha cabina telefónica británica dos anos 50 só porque lle gustaba a estética ten o seu aquel… pero uns robots patéticos que se supuñan ameazantes cando non deixaban de parecer un pedestal con rodas… ¡iso é superfriki! Ademais, os daleks non tiñan moita facilidade de palabra (normalmente repetían expresións tipo “exterminar” ou “dalek“, polo que supoño que só poderían ter unha conversa axeitada con Pikachu) polo que iso de que fosen os inimigos máis recurrentes da serie de televisión británica máis carismática da historia (dentro do xénero de ciencia ficción) resulta abraiante. Pero admito que prefiro uns malvados robots ridículos que o mero feito de que o inimigo do Doutor fose unha versión de si mesmo doutra dimensión que só se diferenciase por levar perilla ou mostacho.

Pero os de Firebox.com paran cos xoguetiños estes, senón que tamén van lanzar nos vindeiros meses un concentrador USB para o ordenador con forma de Tardis (a cabina telefónica do Doutor) que reacciona á conexión de novos dispositivos acendendo a luz na súa parte superior e reproducindo o son que facía na serie cando se activaba:

Con estes exemplos podemos ratificar que o Doutor Who continúa a estar na última en cuestións tecnolóxicas, polo que a modernización da súa cabina como se vía nas películas de Bill e Ted poida que non fose necesaria 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS