¿Alguén con R en Melide?

A primeiros de mes comentei que tras a subida de velocidade de R no meu barrio apenas notara diferenza e na práctica tiña unha conexión de 9 Mbps/900 Kbps...

A primeiros de mes comentei que tras a subida de velocidade de R no meu barrio apenas notara diferenza e na práctica tiña unha conexión de 9 Mbps/900 Kbps en vez dunha de 12 Mbps/1 Mbps, pero a cousa parece que cambiou, e agora xa consigo un rendemento mellor, que supera o 90% da velocidade prometida (roza o 95%):
resultado do velocímetro de R
Testdevelocidad.es ratifica estes resultados:
resultado de testdevelocidad.es
Vaia, que incluso obteño mellores resultados que o último informe presentado por ADSLzone no que sitúa a R coma o provedor de acceso á Rede máis eficiente de España na velocidade de descarga. Ou sexa, que unha conexión de R de 12 Mbps vai a 10-12 Mbps, mentres que unha conexión ADSL de 20 Mbps normalmente van a 7-10 Mbps.

Pareceume necesario detallar a miña experiencia con R (moi positiva no tocante ao acceso á Rede) ante a chegada desta operadora de telecomunicacións a Melide, aínda que quedei algo sorprendido ante o comunicado que publicou R esta semana:

O Concello de Melide xa recibe os servizos de R
Uns 3.500 fogares e empresas de Melide disporán de conexión directa á rede de R para acceder aos servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital interactiva e móbil R
zanxa de R en Melide-Obras de canalización: completarase a finais de xaneiro de 2009. Están pendentes pequenos treitos das rúas Xesús Carro e Ronda de Pontevedra e unha vez obtidas as licenzas necesarias acometeranse as obras nas rúas do Progreso e Avda. de Lugo
* 5 Km de obra civil (execución total prevista)
* 3,2 Km de fibra óptica (despregamento total previsto)
-Investimento previsto: 2,61 millóns de euros a medio prazo (inclúe o realizado ata a data)
-Data de comezo do servizo: dende novembro pódense recibir os servizos de R practicamente en todo o núcleo urbano de Melide e este mes activarase tamén a zona de Martín Freire.
-Cabinas telefónicas: instalarase de contado unha cabina na rúa Evaristo Martín Freire, nº 15.

A ver se o entendín ben: ¿en realidade R só deu conexión a un domicilio para cumprir coa promesa de estrearse en Melide antes de rematar o ano (teñen feito cousas semellantes no pasado)? ¿Ou si que é certo que xa está a ofrecer comercialmente os seus servizos a través da súa rede propia?
A min paréceme raro que acepten novas altas antes de rematar toda a infraestrutura de rede e sen ter feito a tradicional inauguración (coido que se simboliza cunha chamada dende a cabina telefónica de nova instalación). ¿Sabedes de alguén que teña R na casa ou na oficina (sen contar os usuarios que teñen un acceso de ADSL revendido) en Melide?
E xa postos, ¿sabedes da localización exacta da cabina? Porque a rúa Martín Freire Alexandre Bóveda é bastante grande, pero entendo que o lóxico é que estea o máis próxima posible ao cruce, para gañar visibilidade.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS