Hai un par de anos falaba do salto de velocidade de 4 Mbps a 6 Mbps por parte de R e onte a operadora galega de cable actualizou as conexións en A Coruña, o que será un importante salto para os que teñen contratadas as velocidades máis lentas:
Como vedes, as velocidades de subida apenas cambian, polo que certos usos da Rede (subir vídeos a YouTube, utilizar o FTP, tirar do P2P a saco…) non terán unha mellora real, pero as descargas masivas si incrementarán considerablemente a súa velocidade, aínda que no meu caso recoñezo estar decepcionado pois non notei ningún cambio de velocidade.
Segundo Testdevelocidad.es a cousa quedaría así:
Segundo o velocímetro de R o resultado sería igual:
Vaia, que en realidade continúo cunha conexión de 9 Mbps/900 Kbps, aínda que nominalmente sexa de 12 Mbps/1 Mbps. Non me queixo, porque é unha boa conexión, pero agardaba unha lixeira mellora (cando menos na subida), pero considero que a mellora de velocidades vai ser especialmente positivo para os clientes que tiñan contratado o Combo 1 + opción de alta velocidade de 1 Mbps, que pasan de ter unha conexión básica a unha liña coa calidade dun ADSL (a un prezo moi inferior).
Agardameos que os melidenses poidan facer pronto uso destes servizos (nos comunicados de prensa R comenta que Melide, xunto con Mugardos, vai integrarse á súa rede antes de rematar o ano, aínda que en abril tamén dicían que comezarían a dar servizo no verán).
Crucemos os dedos para que Melide reciba pronto o servizo de R, que debería estrearse xa coas novas velocidades, polo que achegará unha banda larga a velocidades superiores ás do ADSL (especialmente nas velocidades de subida).
2 Decembro, 2008