Os Melidaos estarán o venres no Luar

O grupo melidense de música tradicional Os Melidaos actuará o vindeiro venres, 28 de outubro, no programa Luar da TVG. Trátase da primeira segunda actuación do grupo nun programa...

As Cantareiras de Ardebullo, Laura Casares e Gayoso no Luar
O grupo melidense de música tradicional Os Melidaos actuará o vindeiro venres, 28 de outubro, no programa Luar da TVG. Trátase da primeira segunda actuación do grupo nun programa televisivo e agardan que a xente goce da mesma.
Os seis músicos dos Melidaos (Marcelino Vázquez, Pepe Taboada, Pepiño Blanco, Luís Casal, Antonio Raposo e Xele Barrio) aseguran estar moi satisfeitos de poder actuar neste coñecido e veterano programa televisivo pois significa espallar a música feita dende Melide.
Os Melidaos interpretarán nesta ocasión especial unha peza cantada que tamén se poderá escoitar no novo disco, que agardan telo rematado para finais deste ano, que levará por título Axudádeme a cantar.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS