A vindeira fin de semana celébrase unha nova edición da Foliada en Melide, e un ano máis non faltarán Os Melidaos:
Os Melidaos e Tromentelos abrirán a XI Foliada de Melide
O grupo de música tradicional Os Melidaos, Os gaiteiros que cantan estrearán unha nova edición da Foliada de Melide organizada dende o ano 2004 pola Asociación Cultural O Castelo.
Os Melidaos darán a saÃda á XI Foliada cun concerto que comezará ás 22:00h no que interpretarán varias pezas compostas por eles mesmos que serán recollidas no seu terceiro disco. Este novo traballo sairá á luz en breve e, ao igual có disco anterior, foi gravado nos Estudios Abrigueiro de Friol.
Os Melidaos continúan, deste xeito, levando a música tradicional galega a diferentes escenarios. O último dos seus concertos foi na Festa da Reconquista de Vigo do pasado mes de marzo e nas súas actuacións para os vindeiros meses destaca a participación nos actos de celebración do centenario do histórico Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. Nese importante acto, a celebrar o 30 de maio en Ferrol, foron convidados os tres coros históricos deste PaÃs: Cántigas da Terra da Coruña, Cantigas e Agarimos de Compostela e Coral de Ruada de Ourense, ademais de Treixadura e Os Melidaos.
Os sete membros de Os Melidaos animan a gozar coa música tradicional e a axudar a mantela viva.
Velaquà o programa completo de actividades:
Debe estar conectado para enviar un comentario.