Semellanzas e transformacións

O venres comentei en Zapping que había unha web na que se amosaban parecidos con famosos baseados en fotografías (My Heritage) e que eu probei cunha imaxe de meu...

O venres comentei en Zapping que había unha web na que se amosaban parecidos con famosos baseados en fotografías (My Heritage) e que eu probei cunha imaxe de meu irmán e que daba que tanto se parecía a Al Capone como a Billy Crystal:
Xurxo CaponeXurxo Crystal
Como vedes, o sistema ten unha fiabilidade moi discutible (especialmente se temos en conta que a min comparábame con Guy Pearce), pero para pasar o rato é un xoguete interesante, como a ferramenta que teñen os da Universidade de St. Andrews en colaboración co Perception Laboratory, o Face Transformer, que retoca fotografías de caras para darlles distintos aspectos:
Xurxo no Face Transformer
Para continuar a fastidiar a meu irmán, transformei a súa cara nun neno, nun vello, nun debuxo dun manga e nunha ilustración de Boticceli. Non fun cabrón e non puxen aquí a imaxe de home-mono ou de bébedo, pero asegúrovos que nos botamos unhas risas co programiña. Recoméndovos probar con varias fotografías, pois non vai igual de ben cunhas que con outras.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS