Xurxo sairá no Verbas Van (TVG)

En 2011 puidemos ver ao meu irmán Xurxo pasar polo programa Cifras e Letras da TVG, no que era a súa segunda experiencia televisiva tras inaugurar o concurso Todos...

Xurxo iniciou a súa andaina no Verbas Van enfrontándose a Sangi

En 2011 puidemos ver ao meu irmán Xurxo pasar polo programa Cifras e Letras da TVG, no que era a súa segunda experiencia televisiva tras inaugurar o concurso Todos a Bordo, e como tras a renovación do concurso na forma de Verbas Van convidaban aos anteriores concursantes a volver pór a proba o seu vocabulario e a súa habilidade cos números, non quixo deixar pasar a oportunidade, polo que a partir de mañá algo antes das 13:00 horas poderemos ver o retorno do ferrado á pequena pantalla, coa vantaxe de que desta volta o concurso pode verse en diferido por estar incluído no servizo de televisión á carta da TVG.

Antes de que preguntedes, confirmo que no pulsador de lle tocou ao meu irmán cando se estreou no programa enfrontándose a Sangi non había Blandi Blub dentro. [icon icon=”0034.png”][/icon]

volveu o ferrado

Aproveito a ocasión para agradecer unha vez máis a Paco Lodeiro, Jorge Mira e María Canosa a súa amabilidade durante as gravacións e en moitas outras ocasións, pois son unhas persoas moi accesibles coas que é todo un pracer poder tratar detrás das cámaras e incluso diante dos micrófonos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Black Eyed Peas en plan Teletubbies

    En 2005 o álbum Monkey Business dos Black Eyed Peas foi un exitazo, e aínda que o tema que deixou maior pegada foi Pump It, especialmente polo seu impresionante...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...