«¡Mira, mamá! ¡En 3D!»

Si, si, non teño dúbida, a pantalla autoesteroscópica (3D sen lentes para os amigos) da Nintendo 3DS vai ser un reclamo irresistible para os rapaces, que van querer facerse...

Azafata flipando
Si, si, non teño dúbida, a pantalla autoesteroscópica (3D sen lentes para os amigos) da Nintendo 3DS vai ser un reclamo irresistible para os rapaces, que van querer facerse coa nova consola portátil de Nintendo que sae á venda o vindeiro día 25, pero a meirande parte deles van ter que agardar ao Nadal ou á súa Primeira Comuñón se queren facerse co novo dispositivo de lecer electrónico, pois que o seu prezo estea en preto de 250 euros convérteo en todo un luxo que dificilmente estará ao alcance dos máis cativos.
Xente xogando coa Nintendo 3DSOs de Nintendo son conscientes diso, polo que o seu novo produto vai contar cun catálogo inicial de xogos moi variado, entre os que hai moitos xogos para adultos. Queda claro que agora xa non estamos ante un xoguete (a Nintendo DS abriu camiño apostando por títulos coma Brain Training, que atraeron a un público que nunca antes tocara unha consola de videoxogos), e aínda que as 3D parezan o máis destacable, estou certo que iso vai quedar na nunha anécdota co paso do tempo, e resultarán máis importantes outras características como as súas posibilidades sociais ou a súa aposta polos contidos descargables.
A Nintendo 3DS correndo un vello xogo de ZeldaA Nintendo 3DS é un produto prometedor, do que as 3D serven como xustificación de compra, pero que logo servirá para cargar os vellos xogos de DS, multitude de vellos títulos de Game Boy, Game Gear e outras plataformas mediante descarga, tirar fotografías e gravar vídeo en 3D, xogar coa realidade aumentada e, especialmente, competir en rede cos nosos amigos.

Nicolás Wegnez adiantando detalles da Nintendo 3DS
Aínda é moi cedo para sacar conclusións, pero tras asistir a un acto en Madrid no que presentaron oficialmente a consola á prensa, e tras poder fozar coa 3DS e distintos xogos durante máis de 2 horas, hai certas cousas que podo asegurar:
– A percepción das 3D é case instantánea e moi natural.
– Para min o selector de intensidade da 3DS equivale case a un botón de apagado e acendido das 3D, mentres que outros asistentes aseguraban que tiñan que reducir un pouco o nivel de 3D para ter unha percepción confortable. Entendo así que estamos ante unha experiencia moi persoal, polo que recomendaría a cadaquén que probase a 3DS, para o que poden acudir entre os días 23 y 27 deste mes a unha unidade móbil de Nintendo en A Coruañ, para o que poden realizar unha reserva na web de ¡Prueba y Verás!.
rapaz concentrado xogando coa 3DS– Non notei ningún signo de fatiga visual, polo que sospeito que as 3D non teñen por qué cansar máis que utilizar a consola con tal función desactivada. Sobra dicir que depende dos casos (hai xente que marea no cine 3D).
– O nivel gráfico dos xogos de 3DS non ten nada que envexar aos da PSP, polo que títulos coma o PES 2011 3D ou o Resident Evil: The Mercenaries 3D presentan un acabado máis que digno.
– O uso das 3D cambia moito duns xogos a outros, de xeito que no Puzzle Bobble aínda que é moi pronunciado resulta moi chorras (simplemente o fondo de pantalla ten profundidade), en Los Sims 3 nótase moi pouco, nos xogos de coches pode chegar a camuflar a carencias gráficas e en xogos como Rayman 2 (un dos que levei unha mellor impresión) ou Kid Icarus contribúen seriamente a mellorar a experiencia de xogo.
– O Super Street Fighter IV: 3D Edition foi para min o mellor xogo de 3DS que vin, non só porque amosase unha profundidade impresionante (parecía que estabas a ver bonecos repartindo hostias nunha caixa de zapatos), senón porque demostraba a calidade do mando analóxico da consola. Digamos que era capaz de lanzar hadoukens sen problema, algo que non podo dicir, por exemplo, dos xogos de loita da PSP (que dan bastante pena).
Imaxe conceptual do que podería ser o Mario Kart para 3DS– Os vídeos 3D que servían de adianto do que serán xogos como Mario Kart, Paper Mario ou Metal Gear Solid 3D: Snake Eater deixaban claro que durante o vindeiro ano a Nintendo 3DS vai ter moitos títulos que van atrapar aos xogadores. A min gustoume especialmente a aparencia do Paper Mario, que parecía facer un uso bastante atractivo das 3D para ser un xogo de plataformas moi diferente do que achegará finalmente o Super Mario de 3DS (que será algo semellante ao Super Mario Galaxy).

Punset defendendo o uso dos videoxogos por parte dos nenos
Pero o evento que contou unha especie de programa de Buenafuente feito a medida, no que Andreu abriu cun monólogo que foi seguido por varias entrevistas, destacou pola sorprendente aparición de Eduart Punset, quen defendeu a capa e espada os videoxogos entre os cativos, afirmando que son tan importantes para o seu desenvolvemento como aprender idiomas, e asegurando que se sentía moi identificado cunha camiseta que veu a un rapaz nos EE.UU. na que dicía algo así como «mamá, no es un déficit de atención, es que no me interesais nada».
Punset tamén falou dunha campaña televisiva que vén de comezar na que participou con Buenafuente e moitas outras persoas do mundo da televisión:

Estela Giménez de Insert Coin
Aínda que do mundo da televisión posiblemente destacou tanto Estela Giménez, a presentadora de Insert Coin, que estaba alí gravando entradillas rodeada de salidillos 😉
Haberá que estar atentos á rapaz, pois non podemos esquecer que a súa predecesora no programa foi Berta Collado. ¿Veremos a Estela algún día en Sé lo que hicísteis?

Manuel Curdi e Gonzo Suárez na presentación de Nintendo
Para rematar, quixera mandar mandar un afectuoso saúdo á xente do programa de radio/podcast Game Over, que estiveron presentes a través de 2 correspondentes femininas, que coido que andaban por alí moi preto dun personaxe da radiocomedia Vicio para tres (admito que tirei a foto para pillar a Gonzo Suárez, o de Curdi, Marah e Shanoa foi un efecto secundario).
Ah, e as condenadas cacháronme xogando ao Super Street Fighter IV: 3D Edition nunha das súas fotografías do evento:
xogando ao SSFIV3D

Polo demais, se alguén ten quere facer algunha pregunta sobre a miña experiencia coa Nintendo 3DS, é libre de preguntar, aínda que hai detalles como a duración da súa batería que loxicamente non puiden comprobar.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...