Probando a 3-DEES

Este venres en Madrid vai presentarse oficialmente a Nintendo 3DS, a nova consola portátil que vai causar furor entre a rapazada de todo o mundo (especialmente entre os que...

3-DEES
Mario está para comérseloEste venres en Madrid vai presentarse oficialmente a Nintendo 3DS, a nova consola portátil que vai causar furor entre a rapazada de todo o mundo (especialmente entre os que poidan permitirse adquirir o trebello ao seu prezo de lanzamento).
Pero, anticipándome, eu xa probei a 3-DEES, con personaxes como Mario, Donkey Kong, Diddy Kong e Yoshi, que aínda que non é a experiencia máis divertida do mundo, pode levar a máis de un a afirmar que Mario está boísimo pese a que estamos a falar dun fontaneiro baixiño, rechoncho e con bigote.
De todos os xeitos xa adianto que este venres ou o sábado procurarei dar conta de cómo foi a presentación madrileña de Nintendo, así como compartir o que me pareceu a pantalla 3D sen lentes da nova consola portátil que supoño que mercará pronto Santiago Segura para poder ver o trailer en 3D de Torrente 4. 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...