19 Xuño, 2011
Aínda que en España xa celebramos o Día do Pai o pasado 19 de marzo, este ano en EE.UU. celébrano hoxe, o que inspirou a Nate Beeler do The Washington Examiner a debuxar a seguinte tira:
¿A ferramenta interactiva sen fíos de maior potencia para aprender e xogar? Para moitos rapaces afortunados son os seus pais, aínda que moitos descridos pensen que un tablet de Apple sexa comparable a unha figura paterna.
O concepto do iPai (aplicado a calquera dos proxenitores) debería de servir para reflexionar sobre a pouca importancia que damos á familia no mundo moderno, pois o ritmo de vida que seguimos en moitos casos non deixa espazo para o realmente importante. Será porque os valores familiares non pagan anuncios televisivos 🙁
Debe estar conectado para enviar un comentario.