Wi-Fi en Melide

Aínda que a penetración da Internet non sexa moi boa en Melide, e as boas ofertas de ADSL continúen sen chegar á vila (seguimos a pagar máis por 1...

free-hotspot.comAínda que a penetración da Internet non sexa moi boa en Melide, e as boas ofertas de ADSL continúen sen chegar á vila (seguimos a pagar máis por 1 Mbps do que nas cidades pagan por 20 Mbps), teño que admitir que me pareceu boa idea iso de que algúns locais de hostalaría se incoporasen á Free-hotspot.com, que para quen non o saiba, é a mesma plataforma que permite conectarse á Internet sen fíos á beira do río Támesis.
Polo momento só hai dúas cafeterías adheridas á iniciativa, que son:

  • A Tenda Xusta
    Calle San Pedro, 5
    Melide, Galicia 15800 ES
    Telf. 981 507667
  • Cafe Xanela
    Avenida Martin Freire 10
    Mellid, Galicia 15800 ES
    Telf. 981 505394

Non acabo de entender por qué unha está en Melide e a outra en Mellid, pero o caso é que hai a posibilidade de conectarse á Rede cos portátiles ou cos novos terminais Wi-Fi ( iPod Touch, iPhone ou moitos outros teléfonos intelixentes, así como con consolas de videoxogos portátiles como a Nintendo DS), o que seguro que agradecen peregrinos, turistas ou xente que queira aproveitar os seus momentos de lecer para consultar o e-mail ou mirar algunha curiosidade na Rede mentres agardan a outra persoa nunha cafetería.
A utilidade do servizo é innegable, e non sei se terán moito uso, pero o certo é que nas cafeterías de cidades nas que anuncian que hai Wi-Fi se nota moito (a cantidade de clientes que aparecen co portátil dá medo).
Para facer máis doada a localización das conexións Wi-Fi melidenses subín un mapa a Google:

Visualizar o mapa ampliado

Gustaríame completar o mapa cos lugares de acceso público (de balde ou de pago) na vila, polo que agradecería comentarios ó respecto. Neste momento coido que hai conexión na Noela, na Fundación e no Vagalume, e cónstame que hai máis locais, pero non sei se continúan a dar tal servizo ós seus clientes.

ACTUALIZACIÓN: Finalmente non vou facer unha listaxe de redes Wi-Fi en Melide porque atopei moitas, case todas privadas, das que as había inseguras, e publicar a súa existencia sería algo comprometido.
Cando digo que hai moitas falo de puntos no centro na vila no que chego a detectar 3 ou 4 redes á vez, o que me dá a entender que a vila está repleta de redes Wi-Fi domésticas (e corporativas).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...
  • Grande éxito da XXVI Festa do Melindre

    Admito que este ano quedei moi positivamente coa boa acollida que tivo a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide, pois tras un sábado con moi...