Como quen non corre, voa, o Partido Popular de Melide xa ten o vídeo do inicio da campaña electoral no que fan un repaso do mandato de Ángelez Vázquez instando a repetir os seus éxitos á vez que critican os últimos catro anos de goberno municipal:
Aínda que non guste nadiña de ver imaxes estáticas en vídeo e prácticas polo estilo, resultoume especialmente gracioso o xeito no que amosaron o goberno bipartito local, con imaxes en branco e negro e música inquedante. 😛
Estou realmente impresionado pola cantidade de vídeos sobre a política local que podemos ver este ano, atendendo unha demanda que nas vilas non pode atender a TDT nin as emisoras de radio locais como acontece nas cidades. Estaría ben que puidesemos ter tanta información municipal fóra do período electoral, ¿verdade?
Debe estar conectado para enviar un comentario.