Esta mañá remitíronme un novo folleto que está a circular por Melide e que parece ser unha resposta ao do pasado luns, e contén o seguinte texto:
OS CAZADORES DE MELlDE INDIGNADOS COA UTILIZACiÓN POLÍTICA DO DEPORTE DA CAZA
Os cazadores de Melide rexeitan a actitud e de certas persoas que, escondéndose no anonimato, están intentando politizar o deporte da caza.
Ante todo iso, os cazadores de Melide temos que facer publico este manifesto e aclarar á poboación que as acusacións vertidas sobre Anxeles Vázquez e Pablo Costoya son falsas na súa totalidade e son realizadas por personas que amosan a súa cobardía mediante o anonimato.
Queremos informar que o pasado día 29 de abril de 2011, o Presidente da Sociedade Cinexéticade Boimorto e o Presidente da Sociedade de Caza de Melide (Don Manuel García Vázquez) chegaron a un PACTO entre ambas sociedades diante de representantes da Xunta de Galicia, sendo Anxeles Vázguez a mediadora para conseguir dito acordo.
En dito pacto ambas partes acordaron:
1.- Aprobar a delimitación dos tecores, nun mapa que foi asinado polas partes.
2.- Ambas sociedades se comprometen a non presentar nin promover solicitudes de segregación ou exclusión de fincas de tecor nas parroquias obxecto do expediente (Maceda, Orois , Baltar e Golán) por un período de 15 anos.
3.- A Sociedade Cinexética de Boimorto se compromete a non presentar nin promover alegacións ao expediente de ampliación promovido pola Sociedade de Caza de Melide para a inclusión da parroquia de Vitiriz-Santalla no seu territorio cinexético.
4.- A Sociedade de Caza de Melide se compromete a desistir da denuncia .contra o representante do Tecor de Boimorto, recoñecendo a Sociedade de Caza de Melide que o citado representante nada tivo que ver co feíto denunciado.
reventar un pacto.
Podemos os cazadores de Melide confiar en persoas que desexan
entre sociedades aos 15 días de asinalo?
Por outra banda, desexarmos aclarar que Anxeles Vázguez non puido ceder ningún terreno ao concello de Boimorto posto que só é propietaria dunha finca situada nos Anxeles (Melide).
Podemos os cazadores de Melide confiar en personas que desexan chantaxear aos políticos do Partido Popular para conseguir prebendas persoais?
NON, os cazadores de Melide desexamos desenvolver pacíficamente o noso deporte e aqueles que teñan gañas ou inquedanzas políticas, que o fagan de xeito público e coa verdade por diante.
Por último, desexamos agradecer a Anxeles Vázquez a súa mediación no conflicto entre ambas sociedades, conseguindo algo que non foi posible en 15 anos: rematar a disputa entre os cotos de Maceda e Melide … aínda que algúns só queren manter feridas abertas, custe o que custe.
Tamén inclúe copia do documento relativo ao pacto do que falan:
Non queda nada fino que haxa unha guerra panfletaria. Non gustei nada do feito de que este ano a campaña electoral dese a impresión de ser algo feito ás agachadas, en vez de amosar un enfrontamento dialéctico directo entre os candidatos. ¿Tanto custaba organizar un debate?
Aproveito para comentar que esta noite ás 22:00 horas terá lugar o mitin final do Partido Popular na Sala Paladium (non avisei do que celebrou o BNG onte porque non vin tal información na Rede antes 🙁 ). Despois haberá que pechar a boca durante a anacrónica xornada de reflexión electoral, para que o domingo volva a facerse campaña pura e dura (así de ridícula é a nosa lexislación electoral).
O domingo pola noite procurarei actualizar case en tempo real os resultados das eleccións no Concello de Melide, para que a xente poida ter información puntual sen ter que andar a atender aos subtítulos da TVG para saber cómo quedará o Goberno municipal na vila.
Debe estar conectado para enviar un comentario.