Thor, un novo acerto da Marvel

Esta noite fun ver a película de Thor, da que non agardaba moito, e saín moi gratamente sorprendido do cine, entendendo que os da Marvel soubérono facer outra vez,...

Cartel da película
Esta noite fun ver a película de Thor, da que non agardaba moito, e saín moi gratamente sorprendido do cine, entendendo que os da Marvel soubérono facer outra vez, de xeito que o universo que están a construír encadeando as películas de Iron Man, Hulk, Thor e Capitán América para chegar á dos Vengadores é un esforzo que paga a pena. Pero como non quero estragarlle a película a ninguén, faréi uns poucos comentarios:
THORtolitos
THORtolitos: síntoo moito, pero a relación entre Thor e Jane Foster na película é unha chorrada. Non existe química real entre os personaxes e non hai nada que xustifique a suposta relación romántica entre ambos agás compartir un par de planos en pantalla. Dá a impresión de que meteron iso con calzador para poder empregar a Natalie Portman como reclamo.
THORnados
THORnados: pese a que os efectos especiais da película dan o pego, en realidade son mediocres, e abusan de tornados, tormentas e lóstregos para disimular. Aínda que para min o peor foi a aparencia que deron a Asgard (¡e a Odín!) e a representación de exércitos inmensos en plan El Señor de los Anillos nalgunhas das esceas iniciais. Iso sobraba.
Loki
THORpedo: ¡Fistro de pecador! ¡Cobarde! Si, se hai algo que destaca na película é Loki, personaxe moi solvente e moito mellor traballado que o de Thor. Aproveitando que a historia xustifica as súas accións dase forma a unha figura que pese a levar unha vestimenta tan ridícula coma nos comics, ¡queda ben! É a típica cousa que se ves en fotografías non as cres, pero cando as imaxes cobran vida na pantalla… ¡temos un antagonista perfecto!
Nick Furia
THORtura: aguantar ata o final dos títulos de crédito para ver o cebo da película dos Vengadores é todo un suplicio. ¡Pero hai que roelo! Estades avisados.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS