Novo trailer da película de Comando G

Xa teño comentado que no Xapón están a preparar unha película de Comando G, e aínda que os traxes custaron unha pasta gansa, agora que vemos aos personaxes en...

Xa teño comentado que no Xapón están a preparar unha película de Comando G, e aínda que os traxes custaron unha pasta gansa, agora que vemos aos personaxes en acción parece quedar claro que estamos ante un proxecto máis na liña da película dos Power Rangers que da super-produción que merecían os heroes da miña infancia.

De todos os xeitos non penso perderme a película, aínda que a teña que ver en xaponés subtitulada en inglés. Espero que a ansia friki faga que se molesten en comercializala en España dalgún xeito (aínda que sexa directamente en DVD e Blu-ray).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS