¿Hora de modernizar El Ideal Gallego?

Tendo a fixarme no equipamento informático que sae en películas e series de televisión, pero cando vin o anuncio que actualmente emiten en Localia Coruña do xornal El Ideal...

Tendo a fixarme no equipamento informático que sae en películas e series de televisión, pero cando vin o anuncio que actualmente emiten en Localia Coruña do xornal El Ideal Gallego quedei a cadros:

Ou teñen que actualizar o anuncio, ou teñen que actualizar o seu equipamento informático, pois no vídeo vense equipos iMac G3 e eMac (G4), comercializados entre 1998-2001 e 2002-2005 respectivamente, pero coma non vexo ningún iMac G4 entendo que o vídeo gravouse aproximadamente en 2002.
Dou por feito que ningún deses equipos está xa en produción, pois iso sería alucinante, non porque non dean a talla (o eMac aínda serviría para labores ofimáticas sen maior problema), senón porque serían un grave problema para o seu soporte e por seguridade (utilizan sistemas operativos discontinuados). Instaría así á actualización do spot televisivo, non vaia pensar a xente que no Ideal están a traballar con ordenadores de hai máis de 10 anos. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS