O Día da Internet foi macanudo

Andrés Milleiro publicou no seu blogue un interesante debate/encontro de blogueiros o pasado xoves con gallo do Día da Internet e que teño que publicar aquí porque se non...

Andrés Milleiro publicou no seu blogue un interesante debate/encontro de blogueiros o pasado xoves con gallo do Día da Internet e que teño que publicar aquí porque se non me vai mal:

Pero admito que a verdade é que o asunto me interesaba especialmente porque tralo encontro, a pandilla de Javier Sánchez achegou dun xeito moi didáctico o mundo do Mac, e coido que tras falar ben de Microsoft tantas veces a mazá de Steve Jobs merecía que lle rendira unha homenaxe neste espazo, replicando aquí un tutorial rápido do que é un Mac e para qué serve:

A verdade é que coa intervención de Daniel de Blas cando menos clarexáronse un par de mitos sobre os equipos de Apple. Insistiu moito no tema de que hai Microsoft Office para Mac (e mesmo lembrou que o Office apareceu antes para a plataforma de Apple que para a de Microsoft) e tamén destacou que se poden empregar programas de Windows así como o propio Windows XP (os novos Mac teñen procesadores Intel, polo que case son o mesmo que un PC).
Agora creo que todo o mundo ten claro que os Mac son equipos caralludos, cun sistema operativo chulísimo e doado de manexar, pero que continúan a ter un atranco moi importante: o seu prezo.
Si, é posible mercar un portátil MacBook barateiro, pero cando queremos un equipo mais potente a cantidade de cartos que hai que soltar é moi importante. Eu, por exemplo, renego dos portátiles con tarxetas gráficas con memoria compartida, polo que de mercar un Apple tería que tirar polos MacBook Pro, ou sexa, por un equipo de entre 1.939 e 2.719 euros, mentres que por pouco máis de 1.000 euros xa temos equipos PC con prestacións moi semellantes.
Se falamos de equipos de sobremesa, Apple ten bastante abandonado o sector, pois aparte dos de alta gama (que son unha pasada, pero que quedan relegados para o uso profesional) teñen pouca cousa (os Mini e os iMac) pero supoño que será un asunto de oferta e demanda, aínda que hai algo que deberiamos ter en conta: ¡existe un mercado de segunda man! ¿Qué quero dicir con isto? Pois que se alguén se quere pasar á mazá non ten por qué gastar unha pasta. Por unha banda, hai portátiles MacBook a 799 euros (que aínda que non sexan unha bala, valeranlle á meirande parte dos usuarios) e logo, os equipos que non contan con procesadores Intel, os G4 e os G5, estanse a vender a prezos moi atractivos na Rede, o que é unha boa nova para moitos, xa que cumpren perfectamente coas súas funcións.
O argumento do prezo non é así tan pesado coma antes. Non serei eu o que faga de evanxelizador dos Mac, pero hai que recoñecer que cada día o teñen máis doado para gañar mercado, e tamén é certo que unha vez que andas con equipos de Apple logo dá moita preguiza volver ós PC. O que estaría moi ben sería poder ter cartos para ter un equipo de cada, ¿verdade?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS