5 blogs para o BlogDay

Outro ano máis celebramos o BlogDay, e aínda que este ano tiña pensado pasar olimpicamente do tema (dá moita preguiza elixir blogs a recomendar), a tira de hoxe de...

Outro ano máis celebramos o BlogDay, e aínda que este ano tiña pensado pasar olimpicamente do tema (dá moita preguiza elixir blogs a recomendar), a tira de hoxe de Palomitas y Maíz levoume a tratar o asunto:
Palomitas y Maíz
Supoño que ese webcomic non o podo colar coma blog, así que recomendo visitar 5 cadernos máis:
que che parece?: Paga a pena só polo feito de ver cómo unha empresa dialoga cos seus clientes. Incluso conservan os comentarios máis críticos, converténdose nunha referencia obrigada para os que accedemos á Rede a través do operador galego de cable.
Madera de Blog: É o blog corporativo de La Nuestra, e aínda que non o actualizan moito, os seus contidos son interesantes.
Spotify: Si, o Spotify ten un blog dende o que dan conta das novas incorporacións ao seu catálogo e outras novidades. Para que vexamos que este servizo de música a través de streaming está moi vivo.
Neoludita, ¡apaga el móvil!: Espazo no que recollen todo tipo de novas anti-tecnolóxicas que normalmente carecen de rigor algún. Chama á reflexión ante a demonización da tecnoloxía que fan algúns.
And.roid.es: Novas sobre Android, o sistema operativo para dispositivos móbiles promovido por Google. Para que a xente saiba que hai vida máis aló do iPhone e dos terminais de HTC. Vendo o Samsung Galaxy un comeza a pensar que de aquí ao Nadal hai moitas posibilidades de que cheguen varios terminais interesantes baseados en Android e adaptados a distintas necesidades.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS