5 bitácoras para o Día dos Blogs de 2008

Hoxe celébrase en todo o mundo o BlogDay 2008, xornada na que se anima a blogueiros de todo o mundo a establecer 5 ligazóns a blogs que non estean...

BlogDay 2008Hoxe celébrase en todo o mundo o BlogDay 2008, xornada na que se anima a blogueiros de todo o mundo a establecer 5 ligazóns a blogs que non estean dentro do seu círculo habitual para promover a diversidade da blogosfera. Apara achegar a miña contribución á causa, aquí van 5 bitácoras que recomendo visitar:
Akihabara Blues: Non se trata do mellor blog de videoxogos que sigo (¡nin de lonxe!), pero os seus responsables son os que fixeron a cobertura máis gamberra da Games Convention de Leipzig, e iso merece un recoñecemento.
Matogrande: Está claro que a alguén que non viva neste barrio coruñés lle importará pouco o que neste blog escriban, pero o poño como un exemplo de blog de barrio (en Coruña hai varios) que entendo que responden a unha necesidade, e que son moi útiles para a comunidade e para a mobilización social.
La Gadgeta: Miguel Ángel Uriondo conta moitas das novidades do sector tecnolóxico dende o seu blog, que ten un nome moi atinado (pois se publica en La Gaceta de los Negocios).
Malaprensa: O blog que coñezo co peor enderezo web, o que compensa cunha calidade de contidos alucinante. É moi habitual ver cómo o seu autor detalla erros cometidos de xeito masivo por medios de comunicación que copian e pegan novas de axencia sen fixarse en que a información carece de sentido (como cando moitos publicaron que o accidente de Barajas foi na T4, cando o certo é que aconteceu na pista 36R).
233grados.com: Este blog parece ser o buque insignia do grupo de comunicación dixital que pese a chamarse Dixired non é galego, e aínda non se sabe moi ben qué é o fan dende alí. O caso é que coma blog é un boísimo traballo que serve para tomar o pulso á actualidade do mundo de xornalismo no actual panorama de crise.

E para rematar, quixera animar a todos os blogueiros que lean isto a que se animen a contribuír coa causa e fagan tamén as súas recomendacións.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS