5 blogs para o BlogDay

O BlogDay é unha iniciativa para espallar a blogosfera, que incita a que a xente recomende 5 blogs que non teñan nada que ver co seu (ou sexa, que...

O BlogDay é unha iniciativa para espallar a blogosfera, que incita a que a xente recomende 5 blogs que non teñan nada que ver co seu (ou sexa, que non sexan as típicas páxinas de sempre) e para cumprir vou recomendar 5 bitácoras:

  1. QuéWeb! – Recompilación de webs horribles, que en moitos casos fan rir por non chorar.
  2. Techcrunch – Blog de novas tecnolóxicas, non confundir coa chocolatina:
    Tech CRUNCH
  3. Atún tun tun – Blog de Manuel Quiroga, un mozo que estudia Teleco en Vigo e que renovou a imaxe da súa bitácora acadando un toque moi orixinal. Tamén comenta cousas moi orixinais sobre comics, televisión, etc.
  4. Amo del Universo – Un friki arxentino repasa momentos históricos (e actuais) do Universo DC. Unha canle para lembrar momentos coma éste:
    A morte de Robin (Jason Todd)
  5. Chris Pirillo – Blog do guionista de bLaugh (a tira cómica non oficial da blogosfera) a quen lle temos que agradecer coñas como ésta:
    Un móbil con desmasiadas prestacións
    ¡Ai!, canta xente só quere o móbil para falar…

Con isto, a miña contribución á celebración deste día (que supoño que está a ser un éxito tendo en conta que a base de datos da organización está caída neste mesmo intre). Agardo descubrir novos blogs dende as páxinas que se adhiran á iniciativa deste día.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS