Outro coche envorcado xunto ao barco de Chanquete

Non hai nin un mes dende que un coche envorcou xunto ao barco de Chanquete de Matogrande, e esta mañá a historia repítese uns metros antes: A fotografía tomouna...

Non hai nin un mes dende que un coche envorcou xunto ao barco de Chanquete de Matogrande, e esta mañá a historia repítese uns metros antes:
coche envorcado xunto ao barco de Chanquete
A fotografía tomouna esta mañá Patricia Ferrol, e incluso captou máis detalles sobre o accidente:
detalle do coche envorcado
Vale que esta mañá o firme estaba mollado, o que pode servir para entender un pouco a cousa, pero ao ver que o coche está mirando en sentido contrario e que non tiña un obstáculo no que rebotar (coma no caso do mes pasado), só podo pensar que o condutor ía fostiado, pois o seu vehículo tivo que pegar un trompo monumental en moi poucos metros.
Eu entendería que o vehículo saíse da estrada, pero darlle a volta é outro cantar…
O que si estou a perder é a conta dos accidentes que temos nas vías de incorporación do contorno. Deberían tomar algunha medida para que deixen de ser puntos negros, aínda que eu só podo botar a culpa aos condutores do que pasa (o firme, a sinalización e o límite de velocidade son axeitados). ¿Terán que pór unhas molestas bandas rugosas? A min non me faría moita graza, pero igual é necesario.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS