¡Non deixan descansar a Chanquete!

Patricia Ferrol vén de mandarme por correo electrónico unhas impactantes fotografías doutro coche que ten manía ao Barco de Chanquete que hai en Matogrande: Por sorte tivo a fortuna...

Patricia Ferrol vén de mandarme por correo electrónico unhas impactantes fotografías doutro coche que ten manía ao Barco de Chanquete que hai en Matogrande:
Nova hostia contra o barco de Chanquete
Por sorte tivo a fortuna de non entrar no boquete que xa estaba feito, porque nese caso o leñazo ía ser de campionato.
Moitas grazas a Patricia pola primicia. ¡Nin a Axencia EFE sería tan eficiente! Como a cousa continúe así ata vai poder facer negocio cunha webcam na fiestra seguindo as 24 horas os sinistros na barca.

ACTUALIZACIÓN: A fotografía de Patricia sae en La Voz e no diario Qué.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS