Shaq enfrontarase ao rei da canastra de YouTube

Bruce Manley flipou a milleiros de persoas en YouTube coas súas canastras artísticas case imposibles: E resulta que incluso Shaquille O’Neil gustou do fenómeno e retou ao mozo a...

Bruce Manley flipou a milleiros de persoas en YouTube coas súas canastras artísticas case imposibles:

E resulta que incluso Shaquille O’Neil gustou do fenómeno e retou ao mozo a través de Twitter para competir coas regras do H-O-R-S-E (por unha bolsa de 1.000 dólares). Vale que no vídeo só saen os tiros bos de Manley, pero estou certo de que o clip co enfrontamento das dúas estrelas do baloncesto (unha da NBA e outra de YouTube) vai ser todo un éxito na Rede, e incluso vai invadir as pantallas dos informativos televisivos cando teña lugar o orixinal encontro de forzas durante o mes de xullo. ¿Quen gañará? Eu non o teño nada claro.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS