A aspirante a falleira maior cun nivel de inglés depilado

Se non o vexo non o creo! Esta mañá está moita xente botando unhas risas cunha entrevista a unha candidata a falleira maior de Valencia, e ante a pregunta...

entrevista a unha candidata a falleira maiorSe non o vexo non o creo!

Esta mañá está moita xente botando unhas risas cunha entrevista a unha candidata a falleira maior de Valencia, e ante a pregunta sobre o seu nivel de inglés responde «reconozco que rasuradita», ou sexa, que a tolambrana estaría a confundir o inglés coas inguas, o que parece imposible, e que supoño que sería unha broma que se sacou de contexto, porque en caso contrario o mundo está perdidiño, xa que non falamos dunha indocumentada, senón que a tal Sara Monsalvatje Pérez, de 22 anos, viría de rematar os seus estudos de Pedagoxía, tal e como recoñece na seguinte entrevista:

Pero, podemos fiarnos da publicación dun xornal por unha simple fotografía? Neste caso resulta que en Twitter atopei dúas fotografías diferentes (unha de Cristian Mas e outra de Txema Rodríguez), ou sexa, que a cousa parecía crible, polo que fun á fonte, o diario Levante, do grupo Prensa Ibérica, e confirmei o peor:

páxina do diario Levante

Si, non se trata dun fake. A imaxe non é unha falsidade inventada, senón que está sacada realmente do diario en papel. Supoño que mañá publicarán unha nota dicindo que era un comentario en broma, ou algo así, pero o dano xa está feito, e a aspirante a falleira vai quedar na lembranza de milleiros de españois como unha rapaza con poucas luces que ten as inguas depiladas. 😅

Captura da web

ACTUALIZACIÓN (1): Na páxina web do diario Levante publican unha versión modificada da reportaxe da falleira corrixindo a súa resposta por «Reconozco que básico de momento», sen indicar en ningún momento unha fe de erratas para dar conta do publicado en papel. Sería unha broma da rapaza? Do xornalista? Dalgún traballador da redacción? Non vexo que o medio publicase nada ao respecto na súa web, en Facebook ou en Twitter, o que como mínimo é algo reprobable en vista do cristo que se montou nas redes sociais.

Iso si, ao escoitala falar dicindo que deixa o seu traballo durante un ano para estar na corte das fallas só podo pensar que hai xente que está moi mal da cabeza, e lémbrame ás polémicas coruñesas coas Meigas de San Xoán.

ACTUALIZACION (2): A cousa é moito peor do que pensaba, e resulta que a cita inicial si era correcta, e que o impresentable do redactor da nova é a peor persoa do mundo á hora de desculparse e recoñecer un erro. Vexamos a primeira resposta de Moisés Domínguez Feliu:

resposta do entrevistador

Para rematar de cagala engade o seguinte:

segunda resposta do entrevistador

Ou sexa, que o carca que subscribe o artigo orixinal non só insiste en que a entrevistada dixo rasuradito na entrevista que lle fixo, senón que foi quen o puxo entre aspas, e despois protesta de que a xente ría. Incluso asegura que pensar que a moza confundía o inglés coas inguas era algo que non se lle pasara pola cabeza e entón, que pretendía salientar coas aspas? Que a moza non sabía falar e en vez de raspado dicía rasurado?

Que o energúmeno que cubre a información falleira entre a insultar chamando «imbéciles» aos que botan unhas risas cunha metedura de zoca súa e incluso faga referencias á súa vida sexual de xeito ofensivo é de moi mal gusto, e totalmente irrespectuoso (e innecesario). Un xornalista que responde aos seus erros insultando non merece que lle deixen publicar nun xornal.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...