A peste das axencias de novas chega agora aos dominios de Internet

O pasado día 7 iniciouse unha poxa de dominios de Internet en español, na que se adquiriron dominios coma ingles.es, alarmas.es, agua.es ou liga.es, do que deron boa conta...

O pasado día 7 iniciouse unha poxa de dominios de Internet en español, na que se adquiriron dominios coma ingles.es, alarmas.es, agua.es ou liga.es, do que deron boa conta xa o día 15, pero que dende Sedo quixeron aproveitar para ter publicidade de balde, e así a primeiros de semana lanzaron unha nota de prensa para dar datos sobre un estudo que fixeron sobre o asunto. Pero a cousa non remata aí, senón que hoxe comeza en Madrid o Congreso de Dominios 2009, polo que as axencias de novas (concretamente EFE) quixeron dar conta do evento e non se lles ocorreu nada mellor que facer un refrito de todo o anterior sumándolle información dun xeito moi torpe, de aí que neste momento na web de La Voz de Galicia publiquen a seguinte nova:

Las empresas españolas no están interesadas en los dominios de Internet

Los «.es» se pueden ver afectados por la decisión de las autoridades mexicanas de cambiar su actual terminación de dominio «.com.ex» por la de «.ex».

(..)

También coincidieron en el congreso en que la nueva liberalización de TLDs (o extensiones formadas por el final del dominio como son .com, .es, .ue…) por parte del organismo internacional ICANN, está haciendo que muchos interesados en una determinada palabra para crear un dominio estén esperando la nueva regulación.

Alberto Domínguez explicó que la nueva tendencia es adoptar LTDs de ciudades (com, en un servicio cada vez más local).

Los dominios .es se pueden ver afectados también por la decisión de las autoridades mexicanas de cambiar su actual terminación de dominio «.com.ex» por la de «.ex» lo que supone la posibilidad de volver a registrar palabras en castellano con el «.ex.», aunque ya estén ocupadas en otras extensiones como .com o .es.

Como a nova é de EFE, agora mesmo está xa replicada nas webs da Editorial Prensa Ibérica coma o Faro de Vigo, La Provincia – Diario de Las Palmas, Levante – El Mercantil Valenciano e outras cabeceiras, o que demostra que ninguén verifica nada antes de copiar e pegar novas de axencia. ¿Por qué digo isto? Pois simplemente porque a liberalización de dominios da que falan non ten nada que ver cos dominios actuais (simplemente supón a posibilidade de que nun futuro poidan existir dominios coma o .gal, o que non debería afectar para anda nin aos .com nin aos .es) e polo mesmo motivo é absurdo e ridículo pensar que a reapertura dos dominios de segundo nivel mexicanos (iniciada o pasado día 1) vaia a afectar dalgún xeito aos .es (e non creo que ningún asistente ao Congreso afirmase tal). Vaia, que ningunha empresa española vai mercar un dominio mexicano porque o español estea ocupado, pois só levaría a confusión aos seus clientes. Os dominios de ámbito xeográfico non son para facer esas cousas (coa excepción dos .fm ou os .tv).
Teño que entender que o xornalista que redactou a nova non se enterou de nada do que se estaba a dicir no Congreso de Dominios, pois incluso cometeu a cagada de dicir que México vai pasar dos dominios .com.ex aos .ex cando o dominio de primeiro nivel mexicano é .mx (o ccTLD .ex non existe).
Cando hai novas deste tipo, ¿as axencias non deberían mandar a cubrilas a xente que saiba algo sobre o tema, ou que como mínimo se documente á hora de escribir un artigo?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS