Parece que os de Microsoft tolearon, e , en descarga de balde, o seu sistema operativo Windows 7 RC, ou sexa, a versión candidata (case definitiva) do futuro Windows 7, que finalmente está en español (polo galego haberá que agardar) e contará cunha licenza de uso ata o 1 de xuño de 2010, polo que será ideal para todos os usuarios que non estean contentos co seu Windows Vista e decidiran volver a Windows XP.
¿Paga a pena utilizar o Windows 7 RC coma sistema operativo principal?
Eu non recomendo instalar o Windows 7 RC como actualización de Windows Vista, senón sempre como un sistema operativo aparte (noutra partición de disco) porque esta versión candidata non será actualizable á versión final de Windows 7, de xeito que, cando un usuario decida pasar por caixa e mercar o produto definitivo, terá que facer unha instalación limpa (reinstalando todos os programas).
Dito doutro xeito: que pase a utilizar de xeito habitual este sistema operativo ten que ser consciente que ten data de caducidade.
Os que estean a utilizar o Windows Vista totalmente actualizado verán coma os cambios de Windows 7 son principalmente cosméticos: a barra de programas pasa a parecerse lixeiramente á de Mac OS X, e os gadgets da barra lateral de Vista agora poden colocarse en calquera parte do escritorio.
O bo do Windows 7 RC é que permitirá ao usuarios probar cómo vai no seu ordenador, asà como verificar que os seus programas habituais van á prefección (o que non acontece no 100% dos casos xa que hai algúns programas que detectan o sistema operativo, sen recoñecer versións futuras). É asà unha oportunidade ideal para fozar sen gastar un can.
¿32 ou 64 bits?
Microsoft deixa descargar tanto a versión de 32 como a de 64 bits, e agora xa é algo a ter en conta, porque os equipos que son capaces de tirar con Vista, en moitos casos non terÃan problemas para turrar dun sistema operativo de 64 bits. ¿En qué se nota o cambio? Sen meterse en moito detalle, só comentar que os Windows de 32 bits non poden xestionar máis de 3,3 Gb de memoria RAM, polo que se temos 4 ou máis Gb de RAM serÃa recomendable utilizar a versión de 64 bits (en caso contrario o S.O. non funcionarÃa).
Poderiamos estar ante o sistema operativo que abra definitivamente a porta aos 64 bits, que aÃnda que polo momento só serÃa un produto recomendado para profesionais (xa que algúns programas precisan de configuración avanzada por presentar problemas de compatibilidade, de xeito que hai que forzar a súa execución a 32 bits).
¿Qué facer?
Por norma xeral, ide coma tolos (antes do 30 de xuño) a descargar o Windows 7 RC (na súa versión de 32 bits), anotade o número de serie e tostade o disco, para poder ter unha copia deste sistema operativo, pois asà poderedes probalo nos vosos equipos durante os vindeiros meses, para saber se o Windows 7 funcionará nos mesmos. O proceso pode facerse con calma, a que o produto final non deberÃa saÃr ata finais de outubro, polo que hai tempo para pensar se compensa a súa adquisición.
A min o Windows 7 gústame tanto (incluso un chisco máis) que Windows Vista, e penso que paga a pena darlle unha nova oportunidade a Microsoft probando o que está chamado a ser o sistema operativo dominante durante os vindeiros anos, chegando mesmo a gañar unha boa parte do mercado antes de saÃr á venda. 😮