Bill Gates canta ó Windows Vista

Parece imposible, pero é certo, que Mauricio fixo unha parodia da canción Don’t Lie dos Black Eyed Peas cachondeándose da mala acollida que está a ter o Windows Vista:...

Parece imposible, pero é certo, que Mauricio fixo unha parodia da canción Don’t Lie dos Black Eyed Peas cachondeándose da mala acollida que está a ter o Windows Vista:

Sen facer de avogado do demo teño que admitir que o Vista está a lembrar ó que pasou co Windows Millennium (ou sexa, que cando se comercializou a xente continuou a utilizar a súa versión anterior, o 98SE) pero nesta ocasión parece que a culpa é dos fabricantes de software e hardware (que non adaptan os seus produtos a tempo) polo que incluso o Vista SP1 (que sairá nuns meses) podería ter moitos dos problemas que presenta Vista.
¿A culpa é de Microsoft? En boa parte non, pero do que si ten moita culpa é da política de licenzas do novo sistema operativo (que chega en moitísimas versións, o que é un caos para os usuarios) e ten uns prezos abusivos. A ver se aprenden un pouco do Mac OS X e sacan un paquete único. Despois, se queren sacar máis cartos, que o fagan co Office 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • A CIA non me espía 😪

    Esta mañá achegueime ao programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, para falar das últimas filtracións de WikiLeaks, nas que daban a entender de xeito sensacionalista...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...
  • Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

    O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...
  • LGx15 en YouTube

    O pasado 24 de novembro celebrouse a segunda edición do LGx15 organizado pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), e nas últimas semanas foron subindo á súa...