¿Entende a xente da rúa de sistemas operativos?

Estou comezando a cansar da xente que fala mal de Windows Vista baseándose no ruxerruxe e sen probar o sistema, que nun equipo decente (como mínimo con 1 Gb...

Estou comezando a cansar da xente que fala mal de Windows Vista baseándose no ruxerruxe e sen probar o sistema, que nun equipo decente (como mínimo con 1 Gb de RAM e unha gráfica con memoria propia, pois moita xente pensa que ten moita RAM e non se decata de que a cuarta parte a comparte coa tarxeta de vídeo), con software actualizado, con controladores actualizados e co vai mellor que Windows XP.
Falo como antigo detractor do Vista, pois hai que admitir que xa non é o mesmo sistema operativo que no seu lanzamento, e agora é do máis aconsellable, pero como a xente ten prexuízos, van sacar unha versión parcheada á que van cambiar o nome (Windows 7) e a interface gráfica para dar o pego. O triste é que a xente vai picar, e vai dicir marabillas do Windows 7 sen ter nin idea do que fala.
De feito, os de ZDNet propuxéronse demostralo cun e o resultado foi o esperado:

¿Quere dicir iso que a xente vai cambiar a Linux ao ver o vídeo? Está claro que non. A xente fala do que non entende polo que oe por aí, e actualmente hai milleiros de persoas probando o Windows 7 Beta, polo que escoitan por aí que vai moi ben, e fíanse dos comentarios… como tamén cren que Vista vai moi mal sen telo probado.
Ao final os sistemas operativos teñen que ser o máis transparente posible, sen dar problemas aos usuarios e sen ter que empregar o factor WOW para que a xente os merque. O escritorio do noso ordenador non ter por qué ter 3D, nin efectos especiais, nin iconas bailando; o necesario é que cando piquemos nunha aplicación ou nun ficheiro cargue o antes posible e non falle. De feito, se non fose porque avanzou o hardware, poderiamos quedar co XP durante décadas, pero o certo é que agora hai elementos coma os procesadores de 2, 4 ou 8 núcleos ou as unidades SSD que precisan dun cambio importante nos sistemas operativos para que funcionen cun rendemento axeitado, pero os que non teñan un equipo á última deben quedar tranquilos, e non preocuparse por quen ten o S.O. máis moderno, que non é algo realmente importante.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...