Bos Días ao Windows 7 (aínda que sexa caro)

Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro do lanzamento de Windows 7: Tamén apliquei o principio de prudencia para a xente que...

Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro do lanzamento de Windows 7:

Tamén apliquei o principio de prudencia para a xente que actuamente están con Windows XP:

O certo é que o que debería dicir sintéticamente sería:
– se mercas un PC novo, que veña con Windows 7 Home Premium de 64 bits (para poder aproveitar que teña máis de 3 Gb de RAM)
– se tes un ordenador vello (máis de 4 ou 5 anos) queda con Windows XP, e aforrarás complicacións
– se tes un ordenador comprado hai pouco revisa se podes obter unha licenza de Windows 7 de balde e, de ser así, actualiza
– se tes un ordenador mercado nos últimos anos, pensa en actualizar sempre que non vaias pagar 199 euros polo sistema operativo (ou 119 euros por unha actualización) xa que Windows Vista continúa a ser un sistema operativo solvente (lembra que cousas como as pantallas multi-táctiles non son elementos do S.O., senón de hardware)

Vaia, que o que compensa é actualizar a Windows 7 se pirateas o sistema operativo, e en caso contrario, compensa agardar á compra dun novo ordenador, pois equipos coma un Compaq Presario CQ5210ES con 4 Gb de RAM e 500 Gb de disco duro co Windows 7 Home Premium de 64 bits está á venda por uns 300 euros (aínda que eu compraría outro ordenador, pero serve para ilustrar que pagar máis de 100 euros por un S.O. é unha animalada). Tamén hai que ter en conta que o Windows Vista está dispoñible en galego na actualidade, e aínda non hai data para a tradución do Windows 7 (supoño que agardarán ao lanzamento do MS Office 2010, para presentar así a tradución dos dous produtos).
A verdade é que non entendo por qué non venden actualizacións de Vista a Windows 7 por 29 euros (prezo ao que Apple comercializa o seu Snow Leopard). Se o fixesen así a xente non piratearía o sistema.

Ah, e para os que non gusten de Microsoft, coido que a semana que vén imos falar un pouco de Linux e o Software Libre.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...