Festa do Melindre para o 10 de maio

Xa hai cartel da vindeira Festa do Melindre, que terá lugar o domingo día 10 de maio, coincidindo coa degustación en Arzúa do queixo máis grande do mundo, o...

O queixo xigante de ArzúaXa hai cartel da vindeira Festa do Melindre, que terá lugar o domingo día 10 de maio, coincidindo coa degustación en Arzúa do queixo máis grande do mundo, o que podería parecer malo, pero tendo en conta que o acto de Arzúa o vai ter difícil para manter ao público durante varias horas, supoño que ao final rematarán pasando por Melide e, como vén sendo habitual, esgoraranse todos os melindres da vila.
Cartel da Festa do Melindre de 2009
E a cousa non remata aí, pois a celebración tamén conta con cuña radiofónica e grupo en Facebook que a apoia:

De todos os xeitos, por moito que se anuncie en prensa e radio o evento, a mellor promoción que podería ter sería o seu sabor, o que polo momento non hai xeito de comunicar. Os melindres son un doce realmente atractivo, que poden chegar a converterse en todo un vicio porque provocan adicción. ¿Non o credes? Pois probade a tomar só un e logo falamos 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS