A Festa do Melindre xa é de Interese Turístico de Galicia

O Concello da Xunta celebrado esta mañá recolleu a declaración de festa de interese turístico de Galicia para a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional a Terra de...

20130510_consello_xunta

O Concello da Xunta celebrado esta mañá recolleu a declaración de festa de interese turístico de Galicia para a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional a Terra de Melide, xunto con outras dúas celebracións da provincia de Pontevedra (a Festa do Salmón da Estrada e a Festa do Choco de Redondela).

A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide vénse celebrando dende hai 22 anos cada segundo domingo de maio. A repostería tradicional é un dos principais reclamos deste concello e os melindres, ricos e amendoados converten a Melide en terra doce. Nesta festa, ademais, faise unha lembranza especial aos oficios artesáns da localidade coma os ferreiros ou os zapateiros.

Con estas tres festas, Galicia conta xa con 80 festas de interese turístico de Galicia, ás que hai que engadir as 13 festas coa declaración de Interese turístico nacional e as 6 co distintivo de festa de Interese Turístico Internacional.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS