¿A qué chamar One Hit Wonder?

Esta mañá escoitei pola radio que un colaborador dun programa elixira un tema musical dun recompilatorio chamado M80 One Hit Wonders, o que me pareceu unha excelente idea para...

M80 One Hit WondersEsta mañá escoitei pola radio que un colaborador dun programa elixira un tema musical dun recompilatorio chamado M80 One Hit Wonders, o que me pareceu unha excelente idea para un dobre CD, pero que ao descubrir do que se trataba en realidade levei unha enorme decepción.
Eu entendo que un one hit wonder é un intérprete ou grupo cun único éxito, que nunca chega a levantar cabeza despois de chegar ao máis alto, e diso podemos atopar moitos exemplos coma o Koala, Los del Río, Meredith Brooks ou Lou Vega, pero estariamos dacordo en que alguén coma Georgie Dann non encaixaría nesta categoría, ¿verdade?
Todos lembramos a canción El Africano (máis coñecida coma mami, ¿qué será lo que quiere el negro?), pero aínda que fose un exitazo, Dann tamén trunfou con El Bimbó, El Chiringuito e La Barbacoa, polo que nunca o consideraría un artista dun único éxito, polo que penso que o recompilatorio de M80 é unha vergoña, coma podemos comprobar na súa selección de temas:

DISCO 1:
01. Ace Of Base – “All That She Wants”
02. Cock Robin – “The Promise You Made”
03. Michael Sembello – “Maniac”
04. Nik Kershaw – “Wouldn’t It Be Good”
05. Europe – “The Final Countdown”
06. 4 Non Blondes – “What’s Up?”
07. Jon Secada – “Just Another Day”
08. Katrina & The Waves – “Walking On Sunshine”
09. Soft Cell – “Tainted Love”
10. Trio – “Da Da Da (I Don’t Love You You Don’t Love Me Aha Aha Aha)”
11. Swing Out Sister – “Breakout”
12. Gerry Rafferty – “Baker Street”
13. Black – “Wonderful Life”
14. Dexys Midnight Runners – “Come On Eileen”
15. Dan Hartman – “Relight My Fire”
16. Harold Faltermeyer – “Axel F”
17. Buggles – “Video Killed The Radio Star”
18. Joan Osborne – “One Of Us”
19. Lisa Loeb – “I Do”
20. OMC – “How Bizarre”
DISCO 2:
01. Visage – “Fade To Grey”
02. Kim Carnes – “Bette Davis Eyes”
03. Emilia – “Big Big World”
04. Diana King – “Shy Guy”
05. Sam Brown – “Stop”
06. Rockwell – “Somebody’s Watching Me”
07. Boston – “More Than A Feeling”
08. Johh Waite – “Missing You”
09. Hanson – “MMMBop”
10. John Miles – “Music”
11. Irene Cara – “Flashdance… What A Feeling” (’95 Version)
12. Lipps Inc. – “Funkytown”
13. Chumbawamba – “Tubthumping”
14. Terry Ronald – “Calm The Rage”
15. Johnny Hates Jazz – “Shattered Dreams”
16. Baltimora – “Tarzan Boy”
17. The Beloved – “Sweet Harmony”
18. Quarterflash – “Harden My Heart”
19. Spin Doctors – “Two Princes”
20. Alannah Myles – “Black Velvet”

O disco comeza con moi mal pé, porque All That She Wants foi un temazo, pero The Sign non quedou moi atrás (sospeito que aínda é máis lembrada polo público); Europe non quedou só con The Final Countdown, senón que o seu Carrie é unha balada coñecidísima; Lisa Loeb non só tivo máis éxito que con I Do, senón que a súa canción máis popular é outra (Stay (I Missed You), incluínda na banda sonora da película Reality Bites); e o Tubthumping é o tema máis coñecido de Chumbawamba, pero o grupo tivo máis cancións populares (a miña favorita é o Mary Mary da película Stigmata).
Non podo precisar máis detalles sobre o resto de intérpretes nos que coido que tamén hai casos coma os mencionados (¿Diana King?), pero penso que antes de pór á venda un disco deste tipo, co respaldo dunha emisora de radio especializada en música, deberían ter máis tino. Cando menos non meteron no mesmo saco a Chic, que aínda que non o pareza, tivo varios éxitos, só que todos parecían iguais 😉

O que non podo deixar de comentar é que ao buscar información sobre o disco en Google, a web de M80 saíu rodeada de páxinas web con torrents para descargar o disco de balde, polo que entendo que a industria musical está a facer moi mal as cousas ao non conseguir que nos primeiros postos de busca non aparezan reseñas dos discos ou tendas onde adquirilos. Se queren evitar as descargas na Internet teñen que actuar ofrecendo información, en vez de deixar que os piratas ocupen na web o lugar que nos medios tradicionais ten a industria musical. Atacar ao lume con lume, e non con avogados.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS