A roda de desprazamento e a carencia de competencias dixitais en boa parte da poboación

En moitas ocasións fálase de que é preciso que a poboación adquira competencias dixitais pero, ¿de qué falamos realmente? Pois simplemente de educar á xente para saber cómo interactuar...

En moitas ocasións fálase de que é preciso que a poboación adquira competencias dixitais pero, ¿de qué falamos realmente? Pois simplemente de educar á xente para saber cómo interactuar coa tecnoloxía axeitadamente, xa que na práctica os usuarios utilizan o seu ordenador ao bruto sen molestarse en facer as cousas ben, afastándose dun uso óptimo, e collendo vícios coma acceder a todas as páxinas web a través de Google (pese a coñecer o seu enderezo) ou gardar documentos a saca no escritorio do seu ordenador.

Non estamos a falar dalgo novo. Por exemplo, coñecía a unha persoa que para sacar as películas dos reprodutores de VHS premía a tecla REC, pois ao intentar gravar sobre unha cinta protexida contra escritura, o trebello expulsábaa, o que claramente non é o xeito de facer as cousas (imaxinade o que pasaría a unha cinta na que houbese contidos gravados da televisión se lle emprestades a vosa copia ao individuo en cuestión) pero funcionaba.

Normalmente a xente non é consciente de que a súa deficiente formación pode alterar a convivencia na Internet, ameazar a seguridade informática dos seus amigos ou, simplemente, sacar de quicio a máis de un, coma podemos ver no seguinte vídeo (inspirado nunha tira cómica):

Agardemos que as cousas vaian progresando axeitadamente, pois coa emerxencia das redes sociais cada vez é máis importante cumprir cunhas normas básicas de comportamento. Unha mágoa que non estea nada claro quen debe responsabilizarse desta formación (ou da formación, por exemplo, do profesorado de primaria e secundaria a este respecto).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...