LaconNetwork One Year

Esta tarde celebrouse o primeiro ano da LaconNetwork no PALEXCO, e coma Frankie Gómez convidárame a falar 5 minutiños diante dun micrófono e cun PowerPoint por detrás, preparara unha...

Esta tarde celebrouse o primeiro ano da LaconNetwork no PALEXCO, e coma Frankie Gómez convidárame a falar 5 minutiños diante dun micrófono e cun PowerPoint por detrás, preparara unha pequena presentación para que ilustrase o que significou para min coma comunicador a participación no evento. Por desgraza, ao final non tivemos proxector, polo que tiven que improvisar, pero quedei en publicar estas imaxes a xeito de proba de que si tiña unha presentación preparada:

Tiña pensado comezar que grazas ás veces que asistín a unha LaconNetwork puiden falar e coñecer a xente do sector TIC, o que levou a publicar información na revista en papel Código Cero, na súa páxina web e tamén para falar de distintas empresas no programa de radio Banda Ancha (e noutros). Deste xeito, proxectos coma ikiMap, Galicia10, ConfirmSign, Ipoki, Classora, Pleiteando ou a aplicación Imaxes de Galicia para iPad, conseguiron uns minutiños nas ondas, polo que quería a animar a todos os presentes a non cortarse á hora de achegarse aos medios de comunicación para dar a coñecer as súas iniciativas, pois estamos ansiosos de falar de todo o que se fai no sector TIC galego, que nos últimos meses parece máis activo que nunca.

Foi todo un pracer poder coñecer a máis emprendedores tecnolóxicos galegos, e compartir parecerse con vellos amigos. Ao final sempre aprendemos todos algo dos demais, e só por iso xa paga a pena que exista a LaconNetwork, aínda que o único lacón que vimos foi o que lucían algúns no deseño das súas camisetas (como tamén comentou Nacho de la Fuente no seu blog).

ACTUALIZACIÓN (30-1-2010): As coincidencias existen, e entre as últimas persoas cos que estiven na LaconNetwork casualmente estaban Eva Monroy e Santiago Núñez, a quen puidemos ver tamén en A Revista da Televisión de Galicia hai pouco:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS