¿Galinux ou Galinus?

Cando a Consellaría de Innovación presentou o pasado decembro Galinux como a distribución de Linux en galego quedei bastante desconcertado por varios motivos: – as distribucións de Linux levan...

Cando a Consellaría de Innovación presentou o pasado decembro Galinux como a distribución de Linux en galego quedei bastante desconcertado por varios motivos:
– as distribucións de Linux levan moitos anos incluíndo o galego entres as súas linguas. De feito, a SuSE Linux 7.0 de outono de 2000 xa deixaba elixir o galego dende a súa instalación (aínda que non estaba traducido ao 100%).
– Galinux xa era unha distribución de Linux galega existente (máis correctamente chamada Galinux-Slax), con varios anos de vida.
– unha empresa galega da que teño a sorte de coñecer aos seus integrantes chámase Galinus.

O primeiro punto podería indicar que unha distro de Linux galega era innecesaria (algo discutible, pois tamén é certo que ter unha distro de referencia ten moitas vantaxes); o segundo supón unha falta de tacto á hora de elixir o nome do produto (lembremos que o Mozilla Firefox tivo 2 nomes antes de chegar ao seu nome definitivo, precisamente para non confundirse con outros proxectos software); e, finalmente, o último punto deu lugar a un divertido vídeo (para entendelo lembrade que o Galinux contou con spots en televisión e radio):

¿Quedou agora clariño que Galinux e Galinus non son o mesmo? Pois agora toca que os de Galinux-Slax fagan outro vídeo semellante 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • A CIA non me espía 😪

    Esta mañá achegueime ao programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, para falar das últimas filtracións de WikiLeaks, nas que daban a entender de xeito sensacionalista...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...
  • Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

    O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...
  • LGx15 en YouTube

    O pasado 24 de novembro celebrouse a segunda edición do LGx15 organizado pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), e nas últimas semanas foron subindo á súa...