Ir Indo estrea dicionario de galego en liña

¡Aleluia! ¡Xa temos dicionario de galego na web! Si, si… xa había un, o da Consellería de Educación, que estaba sen actualizar pese a que a Real Academia Galega...

¡Aleluia! ¡Xa temos dicionario de galego na web! Si, si… xa había un, o da Consellería de Educación, que estaba sen actualizar pese a que a Real Academia Galega aprobou unha nova normativa do galego en 2003, ou sexa, que en preto de 5 anos aínda non se molestaron en modernizalo, e tivo que vir a editorial Ir Indo para atender a demanda dun dicionario de galego que podemos consultar directamente dende o noso ordenadour ou mesmo dende o móbil (ten versión WAP).
Digalego.com
Tomade nota: digalego.com. Vai ser unha ferramenta que agradeceredes cando teñades algunha dúbida sobre a lingua, que actualmente inclúe o significado, a etimoloxía e equivalencias en portugués, español e inglés.
¡Isto si que foi un xeito de celebrar onte o día do libro! ¡Nin lecturas do Quixote, nin lerias! A ver se agora para o Día das Letras Galegas os da Xunta toman nota e actualizan o seu dicionario electrónico.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS