Hai unhas semanas desatouse a polémica por mor do rexistro dun logo coa palabra Blog por parte de Sogecable, e o pasado 8 de novembro realizouse outro rexistro do que aínda non me enterara, posto que a Galega podería ter xa a imaxe da súa segunda canle (que chegaría só en dixital.
Así, por unha banda terían un logo que poderían empregar coma logo e que instaría ós televidentes a sintonizar a nova canle no número 7 dos seus televisores e receptores de TDT, G7 (expedente M 2739222):
E para achegar un nome máis familiar, tamén contan co logo de A Sétima (expedente M 2739299), que sería o contrapunto para A Galega:
Sen dúbida a idea parece boa, pero parece algo complexo iso de ter dúas autonómicas que non sen confundan ó comezo. ¿Sería máis atinado que A Galega se convertese á Sétima e que a nova canle tivese unha imaxe diferenciada como acontenceu en Madrid con La Otra?.
Tamén podemos abrir o debate sobre os números de canle, pois eu no meu caso teño así distribuidas as distintas cadeas na casa:
- La Primera
- La 2
- Antena 3
- Cuatro
- Telecinco
- La Sexta
- TVG
- Localia
- Telecoruña (en vías de desaparición)
- Canle promocional de R (actualmente Fox)
- CNN+
- Canal 24 Horas
- e logo o resto de canles de dixital
¿Conseguirán as canles impor o número no que a xente as vai sintonizar? ¿Canta xente buscou a TVG no 7 en vez de deixala no 3 ou no 4 como estaban antes (si, coñezo a moita xente que aínda ten a Galega en tales memorias do televisor)? ¿Notarase substancialmente nas audiencias a sintonización en canles de máis dun díxito? Moitas incógnitas, ¿non? 😛