Dende que lin o libro Ratón de lengua azul de Carl Hiaasen sabía que os golfiños en catividade non son moi de fiar, especialmente se non teñen compañeiros, pois rematan con problemas mentais e mesmo son violadores en potencia (lembremos que son mamíferos, aínda que non se note moito porque o seu pene é retráctil), e como exemplo de que iso é certo atopei o seguinte vídeo:
A verdade é que me pareceu toda unha risa o do golfiño entrándolle a unha moza na auga, aínda que non remato de entender cómo distingue que se trata dunha femia. Agora non deixo de pensar que ao Flipper da serie de televisión que emitían en Sony Entertainment Television debían darlle bromuro para que non atacase á protagonista da serie (Jessica Alba) 😛
Se non vos fixo graza, sempre podedes rir co neno que saíu do dentista con efectos secundarios da anestesia (supoño que utilizaron óxido nitroso), ou sexa, cun colocón de campionato:
Non tiña pensado publicar este vídeo porque está en todas partes (achegarse ao millón de reproducións en pouco máis de 3 días ten o seu mérito), pero cómo non son quen de deixar de velo unha e outra vez…
ACTUALIZACIÓN: Hai moitas parodias/homenaxes ao vídeo do cativo, pero fíxome especial graza a seguinte:
Debe estar conectado para enviar un comentario.