Este domingo vin polas rúas de Melide un cartel do PP un cartel criticando a suba de prezos da piscina climatizada municipal, e dende a agrupación política tiveron a ben mandarme unha copia por e-mail que publico aquí:
Hai varias semanas tamén comentaban o asunto no Correo:
El PP de Melide critica la subida de precios de la piscina climatizada
El PP de Melide criticó en un comunicado “la subida desmesurada de precios de la piscina climatizada”. La portavoz de la agrupación, Ánxeles Vázquez, aseguró que “en la situación en la que se encuentra la piscina, lejos de incrementar las tasas por su utilización, deberían bajarse hasta solucionar la situación” con la actual concesionaria del servicio .
Para min é escandaloso tanto o estado das instalacións coma o feito de que se cobren 5 euros a unha persoa que vai de xeito ocasional (o que afasta totalmente á xente que vén a Melide só durante uns días, coma unha ponte, a Semana Santa ou nas festas do verán).
De ser preciso subir as taxas aos socios para cubrir gastos o razoable sería que esta suba fose progresiva durante varios anos e non tan de súpeto (especialmente no caso das persoas con discapacidade), pero supoño que agora non haberá nada que facerlle.
Debe estar conectado para enviar un comentario.