O motivo da suba de prezos da piscina de Melide

Tras a publicación dun cartel do PP sobre a suba de taxas da piscina de Melide comentaron no blogue que o Concello remitira unha carta para os usuarios da...

Tras a publicación dun cartel do PP sobre a suba de taxas da piscina de Melide comentaron no blogue que o Concello remitira unha carta para os usuarios da piscina explicando as causas da suba de tarifas:
Carta do Concello
A min parecíame que a suba de prezos era esaxeradísima, pero á vista do publicado entendo que é así para compensar o que se deixou de cobrar nos últimos 3 anos por non ter actualizado anualmente as tarifas. Vaia, que a cousa é máis complexa do que parece.

ACTUALIZACIÓN (3-1-2008): Comentáronme por e-mail que as taxas da piscina si subiran de prezo en 2005, e que en 2006 e 2007 se conxelaran por mor das deficiencias detectadas na cuberta (para o que o Concello tivera que asumir o pagamento de 239.000 euros para arranxalas).
Parece ser que os 280.000 euros dos que fala o PP no cartel corresponden aos 239.000 euros mencionados e a 41.000 euros de subvencións non pedidas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS